Ficha técnica:
NOME Golfo
OUTROS NOMESWakame
LATIN Undaria pinnatifida (Harvey, Suringar).
TALLA 0
UNIDADES
MAXI
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Algas
EUSKERA
CATALAN
CASTELAN
FRANCES
INGLES Wakame
COMO ÉAlga parda formada por unha gran lámina de cor parda-dourada escura, que pode chegar a medir máis de 1,5 m. Ten na base unha estructura semellante a unha raíz moi ramificada, da que emerxe un talo aplanado (ata 3 cm de ancho) e de lonxitude moi variable. Este talo é o nervio medio dunha gran lámina (con función similar ás follas das plantas) dividida en láminas máis pequenas e simétricas.
COMO SE PESCAMedra no inverno e principio da primavera sobre as rochas do litoral inferior e por debaixo do nivel de marea en localidades moderadamente expostas ás ondas. Pode chegar ata 25 metros de profundidade. É unha especie moi pouco explotada en Galicia. As pequenas colleitas que se fan teñen lugar nas baixamares, de xeito totalmente manual. Introduciuse en Galicia hai pouco tempo, posiblemente coa ostra xaponesa. Medra moito por baixo das bateas de mexillón.