Ficha técnica: Bogavante
NOME Lumbrigante
OUTROS NOMESCereixo/Bugre, labagante
LATIN Homarus gammarus (Linné, 1758).
TALLA 25
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Crustáceos
EUSKERA Abakandoa
CATALAN Llomantol
CASTELAN Bogavante
FRANCES Howard Européen
INGLES European Lobster
COMO ÉPresenta o lumbrigante un corpo robusto de cor azul escura xaspeada que remata en dúas potentes pinzas de desigual tamaño: úsaas como instrumento de suxeición e para atacar e esgaza-las presas, a xeito de tesoira. Nas pinzas presenta uns dentes finos e serrados e ten sete aneis no abdome. O seu crecemento é especialmente lento, o que obriga a sermos moi rigorosos coas tallas e vedas para previ-lo seu esquilme.
COMO SE PESCAVive en zonas rochosas ou penedosas, en profundidades de menos de 40 metros. Captúrase con nasas especiais e ocasionalmente ó trasmallo, miños e tamén nas raeiras. Fixéronse varias experiencias de cultivo, aínda que non se consolidaron de momento.