Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Camarón

NOME Camarón

OUTROS NOMESEsquía

LATIN Palaemon serratus (Pennat, 1777).

TALLA 3

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Crustáceos

EUSKERA Izkira Gorria

CATALAN Gambeta

CASTELAN Camarón

FRANCES Bouquet

INGLES Common Prawn

COMO ÉTen un rostro longo e un corpo semitransparente comprimido lateralmente. A cabeza ten liñas debuxadas en sentido lonxitudinal e oblicuo, liñas que tamén están presentes no abdome aínda que son máis curtas e transversais. A diferencia da quisquilla, o camarón ten a cabeza moi triangular e aguzada (cun potente rostro) e ten dous pares de pinzas que non ten aquela.

COMO SE PESCAVive preto da costa, en augas de pouca profundidade e tranquilas, sobre fondos de rochas ou con moita vexetación (pódense atopar incluso nas pozas da baixamar). Péscase con nasas, trueiro e rastro de camarón. Cando é o tempo vaise a el nas bateas de mexillón, e en pequenas lonxas, como a da Illa de Arousa, véndense en importantes cantidades.