Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Centolla

NOME Centola

OUTROS NOMESMoelo/Pateiro, Carrapetos Bruños (as pequenas)

LATIN Maja squinado (Herst, 1788).

TALLA 12

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Crustáceos

EUSKERA Txangurroa

CATALAN Cabra

CASTELAN Centolla

FRANCES Araignée Européene

INGLES Spider Crab

COMO ÉO caparazón da centola é triangular por diante e case redondo pola zona de atrás. Está cuberta dunha especie de espiñas. No borde dianteiro presenta dous pinchos máis fortes. Posúe cinco pares de patas duras e longas. A súa cor é vermella parda e debemos recordar que a centola galega é máis escura cá bretona. Ademais, unha característica da centola das rías é que o seu caparazón está cuberto por pequenas algas e arneiróns.

COMO SE PESCAVive na costa en fondos rochosos ou areosos. A centola é falsa, pois pode saír foleira (baleira) ou farol, e só os máis expertos saben escollela (disque un dos mellores métodos é observa-los dous buratiños que ten agochados no abdome: se están "inchados" é que está chea). O período con máis garantía comeza en febreiro, a pesar de que, por razóns comerciais, se permitiu pescala antes do Nadal. A súa captura faise con nasas, miños e trasmallos.