Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Cigala

NOME Cigala

OUTROS NOMESLangostino

LATIN Nephrops norvegicus (Linné, 1758).

TALLA 7

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Crustáceos

EUSKERA Zigala

CATALAN Escamarla

CASTELAN Cigala

FRANCES Langoustine

INGLES Norway Lobster

COMO ÉTen un corpo alongado de ton rosado con zonas de coloración máis extensa. A cabeza é longa, con espiñas laterais e pinzas moi desenvolvidas. O nome galego tradicional sempre foi langostino; só, coa introducción do conxelado masivo con marca comercial langostino, desprazouse a forma tradicional pola de cigala.

COMO SE PESCAVive en fondos brandos, de 50 a 700 metros de profundidade, segundo a temperatura. No día agáchase entre os accidentes do fondo mariño e sae a comer polas noites. Péscase ó arrastre mesturada con outras especies e raramente con nasas. Esta é unha especie de gran demanda, que alcanza valor distinto segundo sexa do día (cor intensa e moi viva) ou da flota do Gran Sol. Pola lentitude do seu crecemento (cinco anos para madurar sexualmente) hai que ser especialmente esixente coas tallas mínimas.