Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Percebe

NOME Percebe

OUTROS NOMESPersebe/Mixote

LATIN Pollicipes pollicipes (Gmelin, 1790).

TALLA 4

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Crustáceos

EUSKERA Lanperna

CATALAN Peu de Cabrit

CASTELAN Percebe

FRANCES Barnacle

INGLES Barnacle

COMO ÉAínda que viva pegado ás rochas é un crustáceo, non un molusco. A parte comestible do percebe ten unha pel moura e dura que remata nunha uña (cuberta de pequenas escamas) formada por varias pezas. O pedúnculo carnoso ou pé é o que lle permite adherirse ás rochas, onde vive, en zonas moi batidas. Forma grupos ou piñas. O percebe galego é máis groso e escuro có que vén de Marrocos, e a uña é máis aguzada e avermellada e con menos placas có canadiano.

COMO SE PESCACóllense normalmente con raspas ou rasquetas e truel desde terra ou desde embarcación se o mar vai calmo, e só en zonas nas que hai un Plan Específico de Explotación aprobado pola Consellería de Pesca. Os capturados en Galicia ofrecen, sen dúbida, unha maior calidade ca algunhas pequenas partidas que chegan doutros países como os xa apuntados, Canadá e Marrocos, ou de Portugal. Isto débese á riqueza nutritiva das nosas augas.