Ficha técnica: Almeja babosa
NOME Ameixa babosa
OUTROS NOMESAmeixa macho/Ameixa branca
LATIN Venerupis senegalensis (Gmelin, 1791), Venerupis pullastra (Montagu, 1803)
TALLA 38
UNIDADES 2
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Moluscos
EUSKERA Txirla Lingirdatsua
CATALAN Cloïssa babosa
CASTELAN Almeja babosa
FRANCES Clovisse
INGLES Carpet Shell
COMO ÉA cor deste molusco é normalmente gris pálida ou crema, con bandas tenues dunha tonalidade máis intensa e unhas liñas que se debuxan na cuncha en paralelo ó seu borde. Os sifóns da ameixa babosa están unidos en toda a súa lonxitude, sendo precisamente esta característica a que nos permite diferenciala das outras clases de ameixas.
COMO SE PESCAÉ máis delicada cás outras ameixas. Pequenas variacións de temperatura e de salinidade poden provoca-la súa morte e, ademais, atura menos tempo fóra da auga cá ameixa fina. Débense, logo, extrema-los coidados, manténdoas á sombra e a temperatura fresca. Debido á súa distribución no litoral, péscanse con raño desde pequenas embarcacións ou, en menor medida, a pé firme con sacho.