Ficha técnica: Almeja japonesa
NOME Ameixa xaponesa
OUTROS NOMES
LATIN Ruditapes philippinarum (Adams et Reeve, 1850).
TALLA 40
UNIDADES 2
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Moluscos
EUSKERA Txirla japoniarra
CATALAN
CASTELAN Almeja japonesa
FRANCES Clam japonaise
INGLES Manila Clam
COMO ÉA característica que máis destaca da ameixa xaponesa é que ten as costelas moi marcadas. As liñas que sucan a súa cuncha forman cadriños ó cruzarse, cadriños que son moito máis marcados cós da ameixa fina. Cando está aberta é cando se pode ver como ten os sifóns unidos ata a metade, o que a diferencia da ameixa fina. En canto á súa cor é, normalmente, escura, movéndose os tons entre o tostado e o gris case negro.
COMO SE PESCAEsta ameixa ten un crecemento moi rápido, o que motiva que o seu prezo sexa máis baixo, chegando progresivamente en maior cantidade ó mercado. Por iso, tamén son cada vez máis os lugares en Galicia nos que se cultiva esta especie. Unha parte moi importante das importacións desta ameixa procede de Italia, polo que nalgúns lugares véndese como "italiana".