Ficha técnica: Berberecho
NOME Berberecho
OUTROS NOMESCroque crica/Birbiricho, Chícaro
LATIN Cerastoderma edule (Linné, 1758).
TALLA 28
UNIDADES 2
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Moluscos
EUSKERA Berberetxo Arrunta
CATALAN Esconpinya de Gallet
CASTELAN Berberecho
FRANCES Coque commune
INGLES Common Edible Cockle
COMO ÉO berberecho é un molusco (palabra que na súa orixe significa "mol") que ten as valvas ou cunchas de forma case circular. Posúe entre 22 e 28 costelas ben marcadas e vive en fondos lamacentos e de area fina próximos ás costas. Por causa da súa forma de corazón foi polo que, ó principio, se lle deu nome de "corazón comestible" (<i>cardium edule</i>).
COMO SE PESCACaptúrase á man, con angazo ou sacho a pé firme, ou con rastro a flote. É moi abundante e provén, na súa maior parte, das extraccións en Galicia, aínda que existe unha pequena cota (case sempre en conserva ou conxelado) procedente de Holanda, Dinamarca e Portugal. Hai que ter tamén en conta que o berberecho ten dificultades á hora de resisti-lo transporte, polo tanto hai que extrema-los seus coidados e mantelo sempre en lugar fresco. Un berberecho aberto é un berberecho morto.