Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Coquina

NOME Cadelucha

OUTROS NOMESCoquiña/Navalliña

LATIN Donax trunculus (Linné, 1758).

TALLA 35

UNIDADES 2

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Moluscos

EUSKERA Kedelutxa

CATALAN Tellerina

CASTELAN Coquina

FRANCES Haricot de mer

INGLES Wedge Clam

COMO ÉCadelucha no sur, navalliña no Cantábrico e coquina noutras rías, este pequeno molusco ten unha cuncha de textura moi suave, chea de costelas de tons máis claros cá súa cor, polo xeral tostada verdosa. O interior da cadelucha é violácea, aínda que ás veces é abrancazada ou alaranxada.

COMO SE PESCAAbonda en Galicia en areais abertos de area limpa e augas renovadas. Captúrase de maneira artesanal a pé firme con sacho ou rasca e está moi cotizada. Hoxe en día captúrase en moitos lugares: O Pindo, Lira, Corcubión, Aguiño, Baiona, Vilarrube (Valdoviño), O Barqueiro..., pero tamén hai pequenas partidas procedentes de Huelva, especialmente en grandes superficies comerciais. Hoxe en día é máis doado atopala no mercado gracias ós plans de explotación.