Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Muergo

NOME Longueirón

OUTROS NOMESLingueirón/Linqueirón, Carabela

LATIN Ensis siliqua (Linné, 1758). Ensis minor (Chenu, 1843).

TALLA 100

UNIDADES 6

MAXI 120

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Moluscos

EUSKERA Datil Handia

CATALAN  

CASTELAN Muergo

FRANCES Couteau-Droit

INGLES Sword-razor Shell

COMO ÉA súa cuncha é recta e alongada, co que se diferencia da navalla, que é lixeiramente curva. Nótase moito a liña de crecemento e presenta dúas zonas diferentes en canto á cor, separadas por unha diagonal: unha zona de liñas horizontais marróns ou alaranxadas e outra de liñas verticais.

COMO SE PESCAVive en fondos areosos, tanto dentro coma fóra das rías. É unha especie moi abundante en Galicia. Antes pescábase un a un, con fisga ou botando sal nos buratos, método que aínda se emprega. Hoxe en día, cos modernos plans de explotación -aprobados pola Consellería de Pesca- captúrase con mergullo a pulmón, método selectivo que da óptimos resultados.