Ficha técnica: Ostra
NOME Ostra
OUTROS NOMESostra plana
LATIN Ostrea edulis (Linné, 1758).
TALLA 60
UNIDADES 2
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Moluscos
EUSKERA Ostra Arrunta
CATALAN Ostra
CASTELAN Ostra
FRANCES Huitre Plate
INGLES Oyster
COMO ÉA ostra é un molusco bivalvo que ten, na parte exterior da súa dura cuncha, unha superficie escamuda. A súa cor habitual sitúase entre branca, marrón ou púrpura. Como detalle significativo, hai que dicir que ó longo da súa vida posúe sexo masculino e feminino de xeito alterno. Isto denomínase "hermafroditismo non simultáneo".
COMO SE PESCAAínda que orixinalmente viven fixadas ás rochas, o cultivo en bateas e en sobreelevados nas praias é hoxe a orixe da maior parte da producción de ostras. Isto asegura que as ostras debidamente identificadas son de absoluta garantía. Esixa, logo, as etiquetas de orixe que garantan a súa procedencia e unha boa depuración.