Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Vieira

NOME Vieira

OUTROS NOMESAviñeira/Peregrina, cuncha de pelegrín, xacobea, cascarrón

LATIN Pecten maximus (Linné, 1758).

TALLA 100

UNIDADES 6

MAXI 120

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Moluscos

EUSKERA Beira Handia

CATALAN Petxina de Pelegri

CASTELAN Vieira

FRANCES Coquille St-Jacques

INGLES Common Scallop

COMO ÉPosúe dúas cunchas, unha delas cóncava (a inferior ou dereita) e a outra plana, con "orellas" simétricas e do mesmo tamaño. A súa cor é máis clara na parte cóncava. É distinta da volandeira e da zamburiña que, entre outras diferencias, non teñen "orellas" simétricas. É hermafrodita: a zona gonadal ten dúas partes, unha alaranxada feminina e outra abrancazada, que é a masculina.

COMO SE PESCAAs vieiras de máis valor no mercado proceden das capturas realizadas en augas galegas co aparello chamado rastro da vieira, especialmente pola flota de Cambados, dentro de plans de explotación oficiais sometidos a rigoroso control sanitario. Impórtase tamén vieira fresca de Andalucía e outros países. Tamén se cultiva en batea.