Ficha técnica: Golondrina
NOME Volandeira
OUTROS NOMESAnduriña/Vieiriña
LATIN Aequipecten opercularis (Linné, 1758) Chlamys opercularis.
TALLA 40
UNIDADES 2
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Moluscos
EUSKERA Bolandeira
CATALAN Xelet
CASTELAN Golondrina
FRANCES Vanneau
INGLES Quenn
COMO ÉO seu nome débese ó peculiar xeito de "voar" por debaixo da auga. Ten dúas cunchas cóncavas con "orellas" de desigual tamaño e asimétricas. A súa tonalidade no dorso pode ser parda rosada en xeral, aínda que tamén pode ser rubia, alaranxada, etc. Non se debe confundir coa vieira pequena nin coa zamburiña, pois son especies distintas.
COMO SE PESCAPara obter esta especie utilízanse artes específicas adaptadas á súa forma de vida, como é o bou de vara e o rastro da vieira. É máis abondosa cá zamburiña e a súa carne comercialízase habitualmente co nome daquela.