Ficha técnica: Abadejo
NOME Abadexo
OUTROS NOMESCorbelo/Corubelo e Sarreta cando son pequenos Badeixo (badexo) cando son grandes
LATIN Pollachius pollachius (Linné,1758)
TALLA 30
UNIDADES 1
MAXI 30
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Abadira
CATALAN Serrata
CASTELAN Abadejo
FRANCES Lieu jaune
INGLES Pollack
COMO ÉTen un corpo esvelto de cor parda verdosa e prateada nas costas. Os exemplares novos (corbelos ou sarretas) teñen cores moi vivas e son dunha gran fermosura no momento da captura. A queixada inferior do abadexo é moi prominente e non ten barbas.
COMO SE PESCATrátase dun peixe autóctono, moi común no litoral galego. Péscase con volantas (os grandes) e ó trasmallo (os novos), e na pesca máis tradicional con liñas. Outras artes utilizadas na súa captura son a escabela e o curricán. A súa pesca está en perigo pola sobrepesca tanto de adultos coma de xuvenís.