Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Aguja

NOME Agulla

OUTROS NOMESCorcito

LATIN Belone belone (Linné, 1761)

TALLA 25

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Akula

CATALAN Agulla

CASTELAN Aguja

FRANCES Orphie

INGLES Garfish

COMO ÉTen unhas queixadas moi afiadas que acollen uns dentes puntiagudos. Posúe un corpo longo e estreito de cor verdosa con brillos prateados na zona do lombo. A espiña e as escamas teñen tonalidades azuis verdosas moi características. Acada os 75 centímetros. No verán achégase ás costas formando grandes bancos.

COMO SE PESCAA agulla gusta das augas abertas e batidas con riqueza de peixes máis pequenos. O seu prato favorito son as xoubiñas e os pións. É un gran depredador. A agulla péscase nas faenas de cerco e ó curricán.Tamén é habitual a captura por pescadores deportivos cando procuran robaliza.