Ficha técnica: Anguila
NOME Anguía
OUTROS NOMESMeixón (cando é pequena)/Angula (cando é moi pequena)
LATIN Anguilla anguilla (Linné, 1758)
TALLA 0
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Angira
CATALAN Anguila
CASTELAN Anguila
FRANCES Anguille
INGLES Common Eel
COMO ÉA anguía ten unha inconfundible forma de serpe. A súa cor é verdosa e ten a pel recuberta dunha mucosidade que lle dá ese tacto tan escorregadizo. A queixada inferior da anguía é moi prominente. Ten un ciclo vital característico: vive durante seis ou sete anos no río; logo, cando é adulta, vai desovar ó mar, morrendo despois de efectua-lo desove. As larvas volven a remonta-lo río cando teñen dous ou tres anos e miden uns 4 ou 5 centímetros.
COMO SE PESCAUnha forma tradicional de pesca da anguía era con fisga desde un bote. Tamén se pesca con nasas específicas: os chamados butróns, que é un aparello de uso sometido a moitas limitacións polo seu efecto devastador no fondo das rías. Os meixóns son apreciadísimos na alta cociña, razón pola que teñen unha elevada cotización e son moi buscados. De novembro a nadal atráense ás beiras das rías con luces e son capturados con grandes trueiros.