Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Atún

NOME Atún

OUTROS NOMESAtún colorado

LATIN Thunnus thynnus (Linné,1758)

TALLA 6.4

UNIDADES 4

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Hagalaburra

CATALAN Tonyina

CASTELAN Atún

FRANCES Thon Rouge

INGLES Atlantic Bluefin Tuna

COMO ÉChega a medir ata tres metros. É azul escuro no lombo e prateado no ventre. Ten as aletas peitorais curtas (característica que nos axuda a diferencialo da albacora, que as ten longas) e dúas aletas dorsais moi próximas unha da outra. Móvese en grandes bancos e acada velocidades moi grandes que lle permiten pescar outros peixes e cefalópodos.

COMO SE PESCAEn Galicia existe unha importante flota atuneira, dedicada á pesca do atún en mares tropicais, aínda que estas capturas destínanse ás industrias conserveiras. O que vostede atopa en fresco non se captura pola flota galega como especie principal, pero si accidentalmente nos palangres de superficie que se largan para o peixe espada ou para a albacora. Sen embargo, chega fresco ás nosas peixerías desde o sur da península, onde hai unha importante pesca do atún ó redor do Estreito de Xibraltar, con almadrabas.