Ficha técnica: Bacalao
NOME Bacallao
OUTROS NOMESBacallau
LATIN Gadus morhua (Linné,1758)
TALLA 35
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Bakallo
CATALAN Bacallá
CASTELAN Bacalao
FRANCES Cabillaud
INGLES Cod
COMO ÉCorpo esvelto, de cor amarela-verdosa ou castaña clara, xeralmente pintado. A queixada superior está máis desenvolvida cá inferior. Nesta última ten un barbillón. Destaca a liña lateral moi marcada, curva á altura da aleta do peito. Pode medir ata 1,5 metros e chegar ós 15 quilos, pero non é usual atopar estes exemplares.
COMO SE PESCAÉ un peixe de augas frías (2 a 10 graos C) que adoita aparecer nas proximidades do fondo, aínda que pode atoparse a medias augas. Chega a vivir ata 600 metros de profundidade. Péscase ó arrastre, especialmente con barcos que traballan en parella. Non está presente na costa galega. Os nosos caladoiros máis importantes foron Terranova e Noruega e, aínda que en menor medida, o Mar do Norte e Islandia. Hoxe a gran maioría é importado.