Ficha técnica: Bertorella
NOME Barbadas
OUTROS NOMESMariola/Barbada de pedra, Faneca barbuda
LATIN Ciliata mustela(Linné,1758) Gaidropsarus guttatus (Colet,1890), Gaidropsarus mediterraneus (Linné,1758), Gaidropsarus vulgaris (Cloquet,1824)
TALLA 20
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Aholatz Mediteraneca
CATALAN Móllera Borda
CASTELAN Bertorella
FRANCES Phycis de fond
INGLES Greater Forkbeard
COMO ÉTeñen tódalas barbadas un corpo longo e áxil para agacharse debaixo das pedras. O máis rechamante son as barbichas e os "bigotes", que varían en número dependendo da especie. Os tamaños que poden acadar varían coa especie e oscilan entre os 25 centímetros da <i>G. Guttatus</i> e os 60 da <i>G. Vulgaris</i>.
COMO SE PESCASon abundantes no litoral galego. As que viven en pouco fondo (<i>C.mustela, G. mediterraneus, e G. Guttatus</i>), alimentándose de crustáceos e peixes pequenos, péscanse con sistemas artesanais (varas, liñas, ...), polo que rara vez abundan no mercado. As que viven máis no fondo (<i>G. Vulgaris</i>) pódense pescar ó arrastre. Tamén se pescan en ocasións con nasa ou ó enmalle. As dúas máis capturadas son a <i>G. Mediterraneus</i> e a <i>C. Mustela</i>.