Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Lanzón

NOME Bolos

OUTROS NOMESAreeiros/lubións, furións, "pión de Baldaio"

LATIN Hyperoplus lanceolatus (Le Sauvage,1824) Hyperoplus inmaculatus (Corbin,1950), Ammodytes tobiannus (Linné,1758) Gymnammodytes semisquamatus (Jourdain,1879)

TALLA 15

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Abiosi

CATALAN Trencavit

CASTELAN Lanzón

FRANCES Grand Lançon

INGLES Greater Sand Eel

COMO ÉEn xeral os bolos teñen o corpo moi alongado e cilíndrico, de tonalidade azul verdosa. Contan cunha soa aleta dorsal e o seu fociño é longo e moi puntiagudo, coa queixada inferior máis alongada cá superior. Na zona das Mariñas son coñecidos como peóns ou pións de Baldaio, por abundar neste areal, pero o nome de pión hai que reservalo en galego para outra especie distinta (<i>Atherina (hepsetia)</i> Cuvier, 1829), recollida na ficha correspondente. O seu tamaño medio é de 35 cm.

COMO SE PESCAÉ unha especie abundante e común na beiramar, pero son pouco visibles porque polo día agáchanse na area. Son alimento de robalizas, rodaballos, abadexos, ... Captúranse en abundancia con arte de cerco específico denominada boliche ou chinchorro, para cebo vivo ou para consumo. Tamén é típico nas grandes baixamares a súa captura cuns fouciños de mango longo cos que se vai escarvando na area e levantando os peixes.