Ficha técnica: Breca
NOME Breca
OUTROS NOMESBica/abretán, pica
LATIN Pagellus erythrinus (Linné,1758)
TALLA 0
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Lamotea
CATALAN Pagell
CASTELAN Breca
FRANCES Pageot Commun
INGLES Pandora
COMO ÉPosúe unha boca puntiaguda que continúa nun corpo ovalado. A súa cor é rosa forte, tirando a vermella, máis prateada no ventre. É da familia dos espáridos, como o sargo e a dourada. Reprodúcese normalmente na primavera, acadando a súa madurez sexual cando ten entre 1 e 2 anos. Chega ós 60 centímetros, aínda que o habitual é que mida entre 20 e 25 centímetros.
COMO SE PESCAVive en zonas de coral, de rochas illadas ou fondos lamacentos entre os 30 e os 150 metros. A pesca - escasa - realízase con liñas, palangres e con artes de enmalle, mesturadas con outras capturas.