Ficha técnica: Mucharra
NOME Chaparella
OUTROS NOMESMucharra
LATIN Diplodus vulgaris (E.Geoffrey Saint-Hilaire, 1817)
TALLA 22
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Muxar Arrunta
CATALAN Mojarra
CASTELAN Mucharra
FRANCES Sar a Tetè Noir
INGLES Common Two Banded
COMO ÉEspecie de caracteres semellantes ó sargo, do que se diferencia por levar dúas pintas negras: unha sobre o pedúnculo caudal e a outra, de forma triangular, sobre a cabeza. A chaparella é de cor olivácea - dourada, con varias bandas lonxitudinais desa última coloración. As aletas son máis ou menos negras. Pode acada-los 45 centímetros de lonxitude total, aínda que o normal é que mida entre 20 e 25 centímetros. Desova no mes de outubro e as crías abundan na zona de marea, onde forman pequenos bandos mesturándose co sargo. Acada a madurez sexual ós dous anos (17 centímetros).
COMO SE PESCAVive en fondos penedosos e de area, desde a beiramar ata 50 metros de profundidade. Captúrase sobre todo con trasmallo, palangre, miños, liña, etc.