Ficha técnica: Congrio
NOME Congro
OUTROS NOMESAnguiacho/Correolo (cando son pequenos)
LATIN Conger conger (Artedi, 1738. Linné, 1758).
TALLA 58
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Itsas Aingira
CATALAN Congre
CASTELAN Congrio
FRANCES Congre
INGLES Conger Eel
COMO ÉO congro ten o corpo alongado e cilíndrico, cun ton azulado. A súa boca é impresionante. Non ten escamas e pode chegar a medir tres metros e supera-los 50 quilos de peso. Vive sobre fondos de rochas nas nosas costas e é un gran depredador do polbo. Reprodúcese no verán, podendo chegar a poñer de 3 a 8 millóns de ovos.
COMO SE PESCAÉ un peixe típico da nosa pesca de baixura. Captúrase fundamentalmente con palangre e liña. Tamén, ocasionalmente, os pequenos entran na nasa fanequeira. Resulta disparatado, sen embargo, a captura do congro pequeno, xa que non ten prezo nin valor gastronómico (pola excesiva espiña). De feito pódese afirmar que no mercado o congro ten "mala imaxe" por mor do congro pequeno.