Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Rémol

NOME Coruxo

OUTROS NOMESRodaballo negro/Sollo, Curuxo, Escamudo

LATIN Scophthalmus rhombus (Linné, 1758).

TALLA 30

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Errebollo Ezkataduna

CATALAN Rémol

CASTELAN Rémol

FRANCES Barbue

INGLES Brill

COMO ÉÉ moi similar ó coñecido rodaballo. Ten un corpo asimétrico e case circular. Mimetízase adaptando o ton da súa pel ós fondos onde habita, xeralmente arxilosos. Diferénciase do rodaballo en que ten unhas manchas distribuídas irregularmente polo corpo e porque os primeiros radios (espiñas) da aleta dorsal (a superior) están libres, mentres que no rodaballo están unidos por unha membrana. Pode acada-los 70 centímetros de lonxitude. Reprodúcese nos meses de abril a agosto.

COMO SE PESCAVive en lugares semellantes ó rodaballo, pero, a diferencia deste, tende a busca-los areais do interior das rías. É unha especie escasa e a súas capturas realízanse coa técnica do trasmallo e tamén con palangre e miños.