Ficha técnica: Dorada
NOME Dourada
OUTROS NOMES
LATIN Sparus aurata ( Linné, 1758 ).
TALLA 19
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Txelba Urraburda
CATALAN Orada
CASTELAN Dorada
FRANCES Dorade Royale
INGLES Gilthead Seabream
COMO ÉO seu corpo é alto e comprimido, de cor gris prateada, ben proporcionado pero máis escaso no lombo. Ten unha mancha dourada entre os ollos, que desaparece cando morre, e unhas manchas negras por detrás da cabeza. Os beizos son grosos e carnosos. Pode chegar ós 70 centímetros. Non se debe confundir coa castañeta encarnada, tal e como fan en moitas peixerías.
COMO SE PESCAVive en augas pouco profundas (menos de 30 metros) en fondos de area ou pedra. É un peixe de augas cálidas que escasea nas nosas costas. Cando se pesca faise ó trasmallo e, ocasionalmente, con palangre ou ó arrastre. Os pescadores deportivos usan a cana. No mercado o frecuente é atopala fresca, procedente de cultivos da zona mediterránea.