Ficha técnica: Rubio
NOME Escachos
OUTROS NOMESRubios/Beretes, Libernas, borrachos cregos, alfóndigas
LATIN Trigloporus lastoviza (Brünnich, 1768),Trigla lucerna (Linné, 1758),Trigla lyra (Linné, 1758), Aspitrigla cuculus (Linné, 1758), Aspitrigla obscura (Linné, 1764), Eutrigla gurnardus (Linné, 1758), Lepidotrigla cavi
TALLA 20
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Perloi Zirrindatua
CATALAN Borratxo
CASTELAN Rubio
FRANCES Grondin Camard
INGLES Streaked Gurnard
COMO ÉTeñen unha forma moi particular, cun corpo de forma cónica que vai diminuíndo desde a parte posterior da cabeza ata o rabo. O dorso é vermello, máis claro nos laterais, e branco no ventre. A cabeza é grande, triangular. Ten espiñas enriba dos ollos e distribuídas por todo o corpo, presentando, así mesmo, moitas estrías. Tamén ten a liña lateral moi marcada, con escamas que forman á súa vez unha espiña. As aletas peitorais, moi desenvolvidas, sérvenlle ós escachos para se desprazaren. A súa época de reproducción vai de xuño a agosto.
COMO SE PESCAAtópanse en fondos de area ou lama preto das rochas, a partir dos 40 metros de profundidade. Non existe ningunha pesca específica. Cóllense ó arrastre ou con anzol e tamén con trasmallo.