Ficha técnica: Cabracho
NOME Escarapotes
OUTROS NOMES
LATIN Scorpaena notata (Rafinesque, 1810), Scorpaena scrofa (Linné, 1758), Scorpaena porcus (Linné, 1758).
TALLA 18
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Krabarroka
CATALAN Cap-roig
CASTELAN Cabracho
FRANCES Rascasse rouge
INGLES Large-Scaled Scorpion Fish
COMO ÉAínda que a súa cor depende do tipo de fondo onde se agachen, habitualmente é vermella-rosada ou vermella apardazada con manchas pardas. Teñen unha fendedura moi marcada na fronte e unha cabeza armada con espiñas. Presentan un "tentáculo" na queixada inferior e outro enriba da boca. Mimetízanse co fondo, o que lles axuda a caza-las súas presas. Reprodúcense nos meses de maio a agosto.
COMO SE PESCAHabitan en fondos areosos e especialmente nos rochosos, entre 20 e 200 metros de profundidade. É un peixe de costumes nocturnos e solitarios e nunca se pesca en grandes cantidades. Utilízanse artes de arrastre, palangre, anzol ou trasmallo e rascos.