Ficha técnica: Faneca
NOME Faneca
OUTROS NOMES
LATIN Trisopterus luscus (Linné, 1758).
TALLA 20
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Paneka Handia
CATALAN Capella Fosc
CASTELAN Faneca
FRANCES Tacaud Common
INGLES Pouting
COMO ÉPosúe unha mancha escura no comezo da aleta peitoral. O corpo é máis forte polo dorso ca polo ventre; ten a queixada superior lixeiramente máis longa cá inferior e o barbillón prominente. A liña lateral é moi curvada. A súa cor é cobreada no dorso, con catro ou cinco bandas verticais escuras. A súa lonxitude máxima é de 40 centímetros, pero raramente excede dos 20 centímetros. Reprodúcese a profundidades de 50 a 70 metros durante os meses de abril a maio e madura no primeiro ano de vida.
COMO SE PESCAVive próxima ó fondo formando bancos, mentres que os xuvenís se atopan preto da costa en fondos areosos. Os exemplares de maior tamaño localízanse a profundidades de 30 a 100 metros. Péscase con trasmallo, liña, volanta e, ocasionalmente, ó arrastre. Úsase tamén a nasa fanequeira, prohibida no interior das rías.