Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Capellán

NOME Fodón

OUTROS NOMESCapelán

LATIN Trisopterus minutus (Linné, 1758).

TALLA 11

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Paneka Txikia

CATALAN Capellá

CASTELAN Capellán

FRANCES Petit Tacaud

INGLES Poor Cod

COMO ÉSimilar á faneca, pero diferenciándose desta no seu corpo, que é máis alongado e non presenta a mancha negra na base da aleta peitoral. Ó igual cá faneca, posúe unha barbicha na queixada inferior, que é, á súa vez, máis pequena cá superior. Presenta, así mesmo, unha liña lateral menos curvada cá da faneca. A cor do dorso é marrón, con francos máis claros, e co ventre prateado. Pode acada-los 26 centímetros, pero raramente pasa dos 20. A súa reproducción realízase de febreiro a maio.

COMO SE PESCAAínda que se pode atopar no mesmo ambiente cá faneca, son máis oceánicas ca estas, chegando ós 300 metros de profundidade. Péscase con trasmallo, liña, volanta e, ocasionalmente, ó arrastre. Úsase tamén a nasa fanequeira.