Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Negrito

NOME Gata de mar

OUTROS NOMESMinistro/Demo Negro

LATIN Etmopterus spinax (Linné, 1758).

TALLA 0

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA  

CATALAN Negret

CASTELAN Negrito

FRANCES Sagre commun

INGLES Velvet belly

COMO É Este é o máis pequeno dos escualos, cunha lonxitude de menos de 50 - 60 centímetros. Posúe un corpo esvelto e cilíndrico, que se inicia nunha cabeza aplanada. Ten dúas espiñas e unha cor cincenta acastañada no dorso, co ventre e o fociño negros. O seu morro é ancho e "truncado". Ten a pel moi áspera e resulta imprescindible pelala antes de consumila.

COMO SE PESCAÉ un peixe común no fondo da plataforma continental. En Galicia atópase ata os 300 metros. Péscase, de forma ocasional, con artes de arrastre, pero sobre todo con palangre de fondo e rascos.