Ficha técnica: Lamprea de mar
NOME Lamprea
OUTROS NOMESLamprera/Chupona
LATIN Petromyzon marinus (Linné, 1758).
TALLA 0
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Itsas Lamproia
CATALAN Llampreia de mar
CASTELAN Lamprea de mar
FRANCES Samproie Marine
INGLES Sea Lamprei
COMO ÉTen forma de anguía, coa cabeza pouco diferenciada. Os ollos son pequenos e a cada lado do corpo, detrás da cabeza, presenta sete orificios por onde respira. Ten unha pel mucosa e unha boca succionadora que utiliza para aproveitarse das súas presas, ás que parasita. A súa cor na rexión dorsal é marrón amarelada, con manchas escuras, e na parte inferior é de cor agrisada.
COMO SE PESCADurante os seis primeiros anos de vida viven no río, alimentándose de algas microscópicas, chegando a medir aproximadamente 25 centímetros. Despois diríxense cara ó mar e, pasados dous anos, regresan ó río. A súa reproducción realízana construíndo niños no fondo dos ríos, adheríndose coas súas ventosas ás rochas e entrelazando os seus corpos. Despois de realiza-la posta, os adultos morren. Péscase cando chega ó río, dirixíndose ó apareamento, cun sistema moi específico que consiste nuns embudes ou funís similares ás nasas. Só se atopan nos meses de xaneiro e febreiro.