Ficha técnica: Lenguado
NOME Linguado
OUTROS NOMESLerpa
LATIN Solea vulgaris (Quensel, 1806).
TALLA 25
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Lengoradu Arrunta
CATALAN Llenguado
CASTELAN Lenguado
FRANCES Sole Commune
INGLES Common Sole
COMO ÉPeixe plano, de corpo asimétrico, boca e ollos pequenos e cabeza redondeada. No lado dos ollos a súa cor é apardazada ou marrón agrisada, con grandes manchas irregulares escuras. Tanto a aleta dorsal como a anal están case unidas ó rabo por unha membrana. A liña lateral do linguado é recta e percorre os dous lados do corpo. Pode chegar a medir ata 50 centímetros. Reprodúcese nos meses de inverno e aliméntase pola noite.
COMO SE PESCAEste peixe vive en fondos de area e lama, desde a costa ata 200 metros. Atópase con frecuencia en esteiros. Captúrase no Atlántico oriental desde Noruega á Marrocos, e no Mar do Norte con trasmallo, arrastre e tamén con rascos e miños.