Ficha téécnica: Bacaladilla
NOME Lirio
OUTROS NOMES
LATIN Micromesistius poutassou (Risso, 1826).
TALLA 18
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Bakalada
CATALAN Maire
CASTELAN Bacaladilla
FRANCES Merlan Blue
INGLES Blue Whiting
COMO ÉÉ unha especie de pequeno tamaño, cun corpo longo e estreito. A queixada inferior é prominente e carece de barbillón. Os ollos do lirio son moi grandes e a cor pode ser azulada, cincenta ou acastañada no lombo, cos francos prateados e o ventre abrancazado. A liña lateral é practicamente recta. Reprodúcese sobre todo no inverno, finalizando aproximadamente no mes de maio. Débese evitar chamarlle "bacalao" ou "bacaladilla", formas importadas do castelán e que inducen a unha confusión nada inocente.
COMO SE PESCAO lirio é un peixe que vive a profundidades considerables, entre 100 e 3.000 metros. Os xuvenís atópanse máis próximos á costa, nas augas do noso litoral. É moi abundante, e péscase con artes de arrastre. De forma ocasional captúranse exemplares grandes (50 centímetros) con palangres de fondo. Os que se pescan con esta arte teñen mellor presencia, textura e valor.