Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Vieja

NOME Lorchos

OUTROS NOMES 

LATIN

TALLA 0

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Kabuxa Garroduna

CATALAN Banyut

CASTELAN Vieja

FRANCES  

INGLES  

COMO ÉHai cerca de 20 especies dos grupos dos blénidos e dos góbidos ós que se lles pode chamar así. Peixes de tamaño pequeno e corpo alongado, coa pel escorregadiza e sen escamas. Teñen a boca grande e unha única aleta dorsal dividida en radios. Algúns lorchos posúen tentáculos: en forma de ramas sobre os ollos e tamén no nariz, estes últimos curtos e pouco visibles. A súa cor varía entre pardo - amarelada e marrón olivácea, con bandas verticais máis escuras. Reprodúcense na primavera, encargándose o macho de vixia-la posta e de osixenala.

COMO SE PESCAViven en fendeduras e en gretas - nas que é posible capturalos na baixamar - entre os 3 e os 32 metros de profundidade. Tamén se poden atopar entre a vexetación e pequenos grupos de rochas. A arte de pesca que se utiliza para a súa captura é, fundamentalmente, con liña desde os portos, polo que rara vez abundan nos mercados.