Ficha técnica: Gallano moteado
NOME Maragota
OUTROS NOMES
LATIN Labrus bergylta (Ascanius, 1767).
TALLA 20
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Durdoi Arrunta
CATALAN Pintat
CASTELAN Gallano moteado
FRANCES Vielle
INGLES Balan Wrasse
COMO ÉEsta especie posúe un corpo forte, cunha gran cabeza. Os seus beizos son grosos e carnosos, por onde asoman uns dentes moi fortes. Ten unhas escamas grandes e duras. A cor varía dependendo da idade, madurez, "estado emocional" e lugar onde habita. Polo xeral é marrón - vermella ou parda - verdosa, con numerosas pintas de pequeno tamaño. A cor é tan variable que incluso se chega a considerar que hai dúas clases: o pinto e a maragota. As maragotas terían tonalidades verdes e acastañadas e os pintos vermellos con manchas brancas. A maragota acada a madurez sexual ós dous anos (16-17 cm).
COMO SE PESCAAtópase en litorais rochosos e pouco profundos e prefire vivir en augas limpas, das que escapa se se entoldan. Péscase ó trasmallo, nas "golfeiras" da costa, e tamén resulta ser unha peza moi cobizada polos pescadores afeccionados. Ten unha alta cotización nos pequenos portos, que saben do seu valor.