Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Marrajo

NOME Marraxos

OUTROS NOMESQuenllón

LATIN Isurus oxyrhynchus (Rafinesque, 1810) Lamna nasus (Bonnaterre, 1788).

TALLA 0

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Marrazo Murluzea

CATALAN Solraig

CASTELAN Marrajo

FRANCES Taupe Blue

INGLES Short Fin Mako

COMO ÉO corpo é alongado e estilizado e o seu rostro puntiagudo. A cor dos marraxos pode ser gris azulada ou azul escura, transformándose en branca-crema na parte inferior. Poden medir ata catro metros de lonxitude, sendo precisamente o seu tamaño o que nos vai revela-la súa madurez sexual: os machos alcánzana ó chegaren ós dous metros e as femias cando teñen un tamaño maior.

COMO SE PESCAOs marraxos son peixes de superficie, propios de augas quentes, pois raramente se localizan en augas de menos de 16 graos C. Péscanse con palangre de superficie. Tamén dan con eles os pescadores deportivos cerca da superficie, tanto en áreas oceánicas como preto da costa, non máis abaixo dos 18 metros.