Ficha técnica: Maruca
NOME Maruca
OUTROS NOMES
LATIN Molva molva (Linné, 1758).
TALLA 63
UNIDADES 5
MAXI 120
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Berruenda Handa
CATALAN Llengua de Bacallá
CASTELAN Maruca
FRANCES Lingue
INGLES Ling
COMO ÉPosúe un corpo alongado cunha cabeza pequena, o mesmo cás escamas. A queixada superior é máis longa cá inferior, presentando esta última un barbillón. Ten dúas aletas dorsais, a segunda máis longa cá primeira, e ambas cunha mancha negra no seu extremo posterior. A súa cor pode variar entre parda ou verde, cun aspecto como de mármore, sendo o ventre máis claro. Esta especie vive moitos anos: as femias, que viven máis cós machos, poden chegar ata os catorce anos. Poden acadar unha lonxitude de dous metros e a súa reproducción vai dos meses de marzo a xullo.
COMO SE PESCAVive en augas profundas, entre os 300 e os 400 metros. Os xuvenís atópanse máis próximos á costa, entre 15 e 20 metros de profundidade, en zonas rochosas, onde viven durante os dous primeiros anos da súa vida para despois se desprazaren a zonas máis profundas. É un peixe de gran presencia comercial e captúrase, acompañando a outras especies, con arrastre e palangre no Gran Sol.