Ficha técnica: Pintarroja
NOME Melgacho
OUTROS NOMESPintarroxa/Can do mar, canesa, vella, pepito
LATIN Scyliorhinus canicula (Linné, 1758).
TALLA 40
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Kantuarraina
CATALAN Gat
CASTELAN Pintarroja
FRANCES Petite Rousette
INGLES Small Spoted Catshark
COMO ÉCorpo alongado e afiado, co fociño curto e arredondado. A pel é coma lixa. Presenta numerosas manchas pequenas de cor castaña escura - e por veces brancas - no dorso, costas e aletas. O número de pintas e a lonxitude é o que nos permite diferencialo da patarroxa: a patarroxa é máis longa e ten menos manchas - aínda que de tamaño máis grande - có melgacho. A femia pon 20 ovos que se poden ver mesturados coas algas cando baixa a marea. Ten un período de xestación de 8 a 9 meses. Este é o tiburón máis frecuente das nosas costas e a súa lonxitude máxima é de un metro.
COMO SE PESCAVive en fondos areosos ou de lama, desde os 25 metros ata os 400 de profundidade. É activo pola noite, permanecendo en repouso durante o día. Péscase practicamente con tódalas artes: palangre, anzol, arrastre, etc.