Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Morena

NOME Morea

OUTROS NOMES 

LATIN Muraena helena (Linné, 1758).

TALLA 0

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Itsasugea

CATALAN Murena

CASTELAN Morena

FRANCES Muréne

INGLES Muraena Helena

COMO ÉEsta especie é inconfundible debido ó seu corpo de serpe, alongado, forte, de vivas cores e sen escamas. A cabeza é curta, maciza e alta, con ollos pequenos e unha boca enorme onde se aloxan uns dentes longos e afiados. A cor da morea é acastañada, con pintas amarelas ou brancas e unha mancha negra que bordea a apertura das branquias. A súa mordedura é perigosa. Reprodúcese entre os meses de xullo e setembro.

COMO SE PESCAHabita en fendeduras e ocos de fondos rochosos, onde unicamente se ve sobresaí-la súa cabeza. É un predador nocturno, presa fácil para cazadores submarinos. Non se captura con artes de pesca específicas, usándose as propias doutras especies, como as nasas e especialmente palangres, pois habita nos mesmos espacios có congro.