Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Besugo

NOME Ollomol

OUTROS NOMESBesugo/Pancho

LATIN Pagellus bogaraveo (Brunnich, 1768).

TALLA 25

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Brixigu

CATALAN Besuc de la piga

CASTELAN Besugo

FRANCES Dorade Rose

INGLES Red Sea Bream

COMO ÉPeixe de corpo ovalado, co perfil superior da cabeza curvado. O fociño é curto e chato e os ollos grandes e de cor rosácea, igual có dorso, mentres que o ventre e os francos son prateados.Posúe unha mancha negra no inicio da liña lateral, que nos ollomoles pequenos (panchiños) non se atopa. Poden chegar a medir 35 centímetros. Reprodúcense a finais do verán e presenta unha inversión sexual cando alcanza certa idade.

COMO SE PESCAViven en fondos de lama e cascallo, preto dos cantís rochosos. Os pequenos atópanse en augas pouco profundas (40 metros) mentres que os máis grandes chegan ós 300 metros. É unha especie moi cotizada, da que as maiores capturas se obteñen con palangre e liña. Tamén se poden pescar ó arrastre ou, ocasionalmente, ó trasmallo a certa profundidade.