Ficha técnica: Chopa
NOME Pancha
OUTROS NOMESChoupa/Chepa, fiuncheira, peta, chaparela, pataraña, ferreira, ruda, tana
LATIN Spondyliosoma cantharus (Linné, 1758).
TALLA 25
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Txopa
CATALAN Cántabra
CASTELAN Chopa
FRANCES Dorade Grise
INGLES Black Sea Bream
COMO ÉA Pancha é un peixe que posúe un corpo oval e compacto, dunha tonalidade gris-azul-prateada, con diferencias entre os máis novos e os adultos . Ten uns dentes pequenos pero moi visibles e numerosos. Pódese confundir co sargo, e para diferencialos podemos fixarnos na lixeira chepa que ten a pancha por detrás da cabeza. Outra diferencia co sargo é que carece da mancha negra que este ten onde nace a aleta do peito. Pode chegar ós 50 cm de lonxitude e ós dous quilos de peso. Reprodúcese de febreiro a marzo (o macho segue a femia e prepara un niño co rabo para que a femia poña os ovos).
COMO SE PESCAVive nos fondos con penas, nos garranchos que hai a media profundidade (15-20 m) e non se achega a terra como o sargo. É bastante abundante nas nosas costas e pódese obter ó palangre ou con redes de enmalle.