Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Aligote

NOME Pancho bicudo

OUTROS NOMESPincho picudo/Besugo, Chato

LATIN Pagellus acarne (Risso, 1826.)

TALLA 25

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Lentoea

CATALAN Besuc

CASTELAN Aligote

FRANCES Pageot Acarné

INGLES Axillary Seabream

COMO ÉO pancho bicudo ten un corpo alongado e algo comprimido. É de cor rosada por riba, prateada por baixo e ten unha pinta negra na base das aletas do peito. A parte interna da boca é de cor laranxa intensa. O perfil superior da cabeza está deprimido á altura dos ollos, que son dun tamaño medio. Reprodúcese durante os meses de xullo e agosto, alcanzando a madurez sexual cando ten entre un e dous anos de vida (13 - 18 centímetros). Pode acadar ata 35 centímetros de lonxitude, aínda que o normal está entre 20 e 25.

COMO SE PESCAVive en fondos areosos e lamacentos, en grupos, entre 20 e 100 metros de profundidade, aínda que se poden atopar exemplares xuvenís cerca da costa. Captúrase ó palangre, ó trasmallo e ó arrastre, pero tamén é común pescalo coa arte do cerco, xa que vive en bandadas preto da costa. Péscase durante a primavera sobre fondos brandos.