Ficha técnica: Maruca mediterránea
NOME Peixe Pao
OUTROS NOMES
LATIN Molva dipterygia (Pennat, 1784).
TALLA 70
UNIDADES 5
MAXI 120
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA
CATALAN Escolá
CASTELAN Maruca mediterránea
FRANCES Lingue Bleue
INGLES Mediterranean Ling
COMO ÉTrátase dun peixe de corpo alongado e cor apardazada. Ten a barbicha dividida e a queixada inferior é máis grande cá superior. Diferénciase da maruca en que o peixe pao é moito máis alongado, case coma unha anguía. Nos costados ten manchas rectangulares e pardas. Reprodúcese nos meses de maio a xuño. Non adoita exceder dos 130 centímetros.
COMO SE PESCAVive en augas profundas entre 300 e 500 metros, en fondos lamacentos. Peixe escaso en Galicia, aínda que capturado pola nosa flota no Gran Sol e en Irlanda con trasmallo, palangre e arrastre.