Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Pez Ballesta

NOME Peixe Porco

OUTROS NOMESPorquiño/Roncón

LATIN Balistes carolinensis (Gmelin, 1789).

TALLA 0

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Itsasoko zern

CATALAN Peix Ballesta

CASTELAN Pez Ballesta

FRANCES Baliste commun

INGLES Trigger fish

COMO ÉNon acada grandes tamaños; ten o corpo alto e case triangular, lixeiramente aplanado. A boca é pequena, cuns dentes extremadamente duros e afiados e beizos carnosos. Ten a pel moi dura e a súa cor é variable (azul verdosa), con bandas violetas. Poñen os ovos no verán, en niños feitos pola parella. Deben o seu nome ó son tan peculiar que emiten unha vez fóra da auga, semellante o "gruñir dun porco". Ten dentes "como diamantes", capaces de corta-las liñas máis resistentes. Hai que evisceralo con moito coidado, pois as vísceras poden ser tóxicas.

COMO SE PESCAViven en grupo preto das costas, en fondos areosos con pedras e algas. É un peixe que apareceu nas costas galegas hai poucos anos e sempre cando a temperatura das augas é alta. Achégase no verán ás bateas de mexillón, onde fai estragos na cría. As escasas capturas obtéñense ó trasmallo e con artes de enmalle en xeral. Por outra parte, e como se desprazan moi lentamente, son fáciles de espichar cunha francada. Tamén se poden pescar con liña.