Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Rape de pies pequeños

NOME Peixe sapo

OUTROS NOMESRape/ Peixe Tamboril

LATIN Lophius budegassa (Spinola, 1807)

TALLA 30

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Zapo Zuria

CATALAN Rap

CASTELAN Rape de pies pequeños

FRANCES Baudroie

INGLES Black Bellied Angler

COMO ÉTen a cabeza grande, ampla e aplanada, e o corpo de forma cónica. A boca, provista de abundantes dentes, é enorme, case tan ancha coma a cabeza. Os beizos son carnosos e a queixada inferior sobresae por diante da superior. Non ten escamas; é de cor apardazada-vermella ou parda-verdosa, con manchas escuras. Para diferencialo da xuliana mire a cor da membrana que recobre o estómago: negra no peixe sapo e branca na xuliana. Reprodúcese a finais da primavera.

COMO SE PESCAÉ o peixe máis cotizado da súa familia. Vive en fondos lamacentos e de area, entre 20 e 500 metros de profundidade, e péscase no Gran Sol e na costa francesa. Captúrase ó arrastre e tamén se pode pescar con trasmallos, palangres e rascos.