Ficha técnica: Merluza
NOME Pescada
OUTROS NOMESMerluza/Peixota, pescadilla, carioca (segundo o tamaño)
LATIN Merluccius merluccius (Linné, 1758).
TALLA 27
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Legatza
CATALAN Lluc
CASTELAN Merluza
FRANCES Merlu D'Europe
INGLES European Hake
COMO ÉPosúe unha cabeza e boca grandes con dentes moi afiados. O corpo é longo, de ton gris escuro, cos costados máis claros, e ventre abrancazado. A primeira aleta dorsal é máis curta cá segunda. Normalmente mide entre 40 e 70 centímetros, podendo chegar ata os 120. Reprodúcese a finais do inverno e na primavera. As femias alcanzan a súa madurez sexual cando acadan os 40 centímetros e a súa fertilidade é maior canto máis medran.Viven nas proximidades dos fondos mariños, entre 30 e 500 metros de profundidade.
COMO SE PESCAPéscase con artes de arrastre, palangres, volantas e betas. A calidade da pescada depende da arte de pesca empregada. A máis apreciada é a do día, capturada con artes de anzol ou palangres ("do pincho") e volanta, pois a carne chega menos mallada. Está prohibida a captura e comercialización das crías, coñecidas como "cariocas". Co seu consumo estamos axudando á desaparición da especie. O principal caladoiro da pescada é O Gran Sol.