Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Pejerrei

NOME Pións

OUTROS NOMESPiobardos

LATIN Atherina [Hepsetia] presbyter (Cuvier, 1829), Atherina [Hepsetia] boyeri (Risso, 1810).

TALLA 12

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Abixoi Txikia

CATALAN Asset

CASTELAN Pejerrei

FRANCES Joël

INGLES Sand Smelts

COMO ÉTeñen un corpo alongado, delgado e lixeiramente comprimido. A boca é grande e oblicua, con ollos grandes. Presenta unha banda lateral prateada que vai desde a cabeza ó rabo. O número de escamas desta banda varía segundo a especie. A súa cor é verdosa, con puntos negros no dorso, e o ventre abrancazado. Realizan o desove desde mediados da primavera ata o final do verán, cando teñen entre tres e catro anos. As femias poden facer dúas postas durante cada período reproductor. Non superan os 16 cm.

COMO SE PESCASon peixes costeiros.Forman mansíos que nadan case na tona da auga, en fondos de area e a carón de diques e portos. Non son moi coñecidos nos nosos mercados, aínda que si nos portos, e as capturas realízanse maioritariamente con cerco ou con boliche (logo de autorización) cando se procuran bolos para cebo vivo. Unha forma tradicional é co medio mundo desde pequenas embarcacións.