Ficha técnica: Pargo
NOME Prago
OUTROS NOMESPargo
LATIN Pagrus pagrus (Linné, 1758).
TALLA 30
UNIDADES 1
MAXI 60
MESES DE PESCA Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.
FAMILIA Peixes
EUSKERA Txelba arrunta
CATALAN Pagre ver
CASTELAN Pargo
FRANCES Pagre commun
INGLES Common Sea Bream
COMO ÉO prago é un peixe de corpo ovalado, alto e comprimido, coa cabeza grande que baixa de súpeto desde os ollos á boca. Ten unha dentadura potente e unha cor entre rosada e prateada, coa base do rabo branco e o rabo propiamente, escuro. O seu tamaño habitual está entre os 30 e os 35 centímetros, pero pode chegar a medir ata 75 centímetros. Reprodúcese nos meses de abril a xuño.
COMO SE PESCAHabita no litoral en fondos de area e pedras, de 20 a 40 metros de profundidade, aínda que pode chegar ós 250. É un peixe pouco abundante, e as escasas capturas realízanse con palangre ou con trasmallo e, ocasionalmente, ó arrastre. Tamén con liñas e miños.