Volver

ESPECIES

Ficha técnica: Raya

NOME Raias

OUTROS NOMESRaspiñeira/Cravuda

LATIN Raja batis (Linné, 1789),Raja oxyrinchus (Linné, 1758), Raja circularis (Couch, 1838). Raja naevus (Müller e Henle, 1841)

TALLA 40

UNIDADES 1

MAXI 60

MESES DE PESCA  Xan. Febr. Mar. Abr. Ma. Xu. Xull. Ag. Set. Out. Nov. Dec.

FAMILIA Peixes

EUSKERA Arraia Gastaka

CATALAN Rajada

CASTELAN Raya

FRANCES Raie Bouclêe

INGLES Thornback Ray

COMO É... e ata oito especies máis, comúns nos nosos mercados. Corpo en forma de disco ou de rombo, con ás angulosas. O fociño das raias é alongado, e a súa pel moi áspera. A zona dorsal das raias ten moitos aguillóns (no macho só no rabo). É de cor escura, co dorso gris prateado con manchas e o ventre branco. Posúen unha poderosa dentadura, que empregan para esmigalla-las pezas que lles serven de alimento. En canto á súa reproducción, as femias poñen os ovos nunhas cápsulas no fondo da area, que son arrastradas ata as nosas praias.

COMO SE PESCAViven en zonas lamacentas ou areosas de grava e rocha entre os 2 e os 60 metros de profundidade, aínda que poden chegar ós 500 metros. Captúranse ó arrastre de fondo ou tamén con outras artes de enmalle.